Galicia por Diante
Pablo Arangüena (PSdeG): "Imos tratar de mellorar os orzamentos que se presentaron inicialmente"
Por parte do PSdeG, o deputado pola Coruña Pablo Arangüena confía en que o novo Executivo elabore uns novos orzamentos máis favorables con Galicia.
"Hai unha serie de cuestións enriba da mesa, como a finalización das obras do AVE" das que, dixo, "pouco se pode facer porque está todo orzamentado e se traballa día e noite".
"Imos tratar de acadar unha mellora substancial con respecto aos Orzamentos que se presentaron inicialmente", dixo no 'Galicia por diante'. Confiou en que inclúan tamén unha partida "para o estatuto das industrias electrointensivas".
En calquera caso, dixo que "hai unha serie de prioridades que se vai marcar este Goberno e aínda non estamos no proceso orzamentario. Despis sentaremos para ver cales van ser as partidas nas distintas provincias e zonas onde hai que incidir".
Arangüena asegurou que, co voto afirmativo a Sánchez, os socialistas galegos "estamos votando en conciencia de que vai ser un bo Goberno para Galicia e para España" e fixo un chamamento a que reflexionen "esas dereitas que son xa indistinguibles entre si, entre Vox e PP" e cualificou de "espectáculo bochornoso e impropio dun parlamento civilizado" o acontecido nas primeiras xornadas da sesión de investidura.
Contra a crispación, apelou á "moderación e temperanza".