Galicia por Diante
Faladoiro 8-M coas deportistas de elite Sofía Toro e Sara García
Falamos da reinvindicación da igualdade no mundo do deporte. Inauguramos faladoiro coa regatista Sofía Toro, medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Londres en 2012, e con Sara García, bicampioa de España de taekwondo.
"Para unha muller é máis complicado entrar nos equipos profesionais de vela olímpica", di Sofía Toro.
"As persoas que valoran as competicións e toman decisións son, na maioría, homes", afirma Sara García.