CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Falamos cos policías que salvaron a vida de dúas mulleres en Ourense

06/02/2019 - 11:04 h

Dous policías de Ourense fixeron dúas intervencións para salvar a vida de dúas mulleres. No primeiro caso, os axentes chegaron a unha vivenda pechada despois dunha chamada de urxencia. Un cerralleiro abriu a porta e alí foi atopada unha muller inconsciente tras sufrir un derramo cerebral.

No segundo caso, os axentes tiveron que entrar polo balcón e romper unha fiestra despois dunha chamada de alerta.

"Co incremento da poboación maior, cada vez será máis frecuente este tipo de intervencións", aseguran os axentes, que cren que é necesario poñer en marcha dispositivos para avisar en caso de urxencia.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia