CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo: "Imos poñer todos os medios na nosa man para que todo funcione con normalidade"

05/07/2021 - 08:19 h

Trala primeira fin de semana de apertura do ocio nocturno en Galicia, Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, fixo balance na Radio Galega do comportamento dos que decidiron saír nestes días nunha das vilas máis turísticas da comunidade.

Salientou Martín a afluencia de persoas na noite da fin de semana, sobre todo o sábado, con aglomeracións na rúa trala hora de peche dos locais, pero sen incidencias grazas ó dispositivo policial no que interviron uns 45 axentes entre policía local, autonómica e Garda Civil.

Putualizou o alcalde que, agás casos illados, non houbo incidentes reseñables, pero sí houbo sancións ós viandantes que non levaban posta a máscara nin gardaban as distancias de seguridade. "Trataremos de poñer tódolos medios na nosa man para que as cousas funcionen con normalidade", afirma.

Sobre a ocupación do municipio a estas alturas do verán, engade que unhas 16.000 vivendas están ocupadas, e once mil son segundas residencias. Respecto ás reservas para o verán, tanto en xullo como en agosto os hoteis están practicamente completos, pero, incide o rexedor, que non ve con bos ollos o feito de non penalizar polas cancelacións.

Con todo, alédase Martín, as perspectivas son moi boas estando aínda en pandemia como estamos.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia