CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Ramón Ares: "Estamos nunha meseta, pero non baixamos dos 50 que tiñamos hai un mes"

05/05/2021 - 08:22 h

O xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, considera estable a situación da pandemia na provincia, aínda que ve necesario baixar a incidencia acumulada por debaixo dos 50 casos, cifras que se rexistraban hai un mes.

Nunha entrevista no 'Galicia por diante', Ares destacaba o elevado número de xente vacinada por mor do envellecemento poboacional de Lugo: "Naqueles concellos pequenos onde a poboación envellecida a porcentaxe de vacinados é máis importante que no medio urbano".

Ares referiuse tamén ao escenario que se abre a partir do domingo, cando finalice o estado de alarma. Aínda que bota de menos un marco xurídico que ofreza garantías para adoptar todo tipo de medidas, lembra que xa se decretaron restricións sen contratempos sen o paraugas do estado de alarma: "No mes de xullo tivemos un gromo na Mariña e tomáronse medidas cando foron necesarias".

O xerente da área sanitaria falou tamén do novo servizo de oncoloxía que vai ter o hospital de Lugo, o Hula. Ares sinalou que están traballando para activalo o antes posible e que estará en funcionaento este ano.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia