Galicia por Diante
Falamos cos bombeiros de Ourense que están en folga de fame
Neste Galicia por Diante imos ata Ourense, onde un grupo de bombeiros están en folga de fame. Esixen máis medios humanos e materiais e din que só desistirán se son recibidos polo alcalde.
"Houbo momentos con catro ou cinco traballadores para solucionar calquera urxencia que ocorra na cidade. Son situacións perigosas para a seguridade de todos", aseguran nas ondas da Radio Galega.