CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A forza que nos acompaña neste Día de Star Wars: "Engancha porque conecta con xente moi diversa"

04/05/2021 - 13:08 h

O catro de maio (May the Fourth en inglés) celébrase en todo o mundo o Día de Star Wars, polo xogo de palabras con "May the force be with you" (que a forza te acompañe). 

Nun catro de maio sen pandemia, a tropa Korriban estaría patrullando as principais cidades galegas, pero, por segundo ano consecutivo, toca celebralo na casa.

Manuel Gayoso, presidente da Tropa Korriban Galicia, pasou polo 'Galicia por diante' para compartir a súa paixón pola galáctica saga de George Lucas. 

"'Star Wars' engancha porque son historias que conectan con xente moi diversa"

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia