CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A Cámara de Comercio de Tui pide primar a eurorrexión nos fondos europeos

04/05/2021 - 08:19 h

O secretario da Cámara de Comercio de Tui, Javier Pérez Alves, avogou no 'Galicia por diante' por primar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal na concesión de fondos europeos, para compensala polas perdas millonarias que supuxo o peche fronteirizo nos últimos tres meses.

Nas últimas semanas, os 26 concellos que forman a Agrupación Transfronteiriza do Miño anunciaron que impulsarán unha moción conxunta en todos os plenos municipais para pedir partidas específicas deses fondos. Unha iniciativa que avalaba esta mañá no 'Galicia por diante' Javier Pérez Alves: "Tanto o comercio, como a hostalaría, o turismo... sufriron perdas millonarias. Sería unha maneira de compensar ese dano".

O secretario da Cámara de Comercio de Tui tamén ve con bos ollos a posibilidade de crear unha tarxeta de paso para os habitantes transfronteirizos con vistas a futuras restricións: "Serían medidas necesarias, temos que ter en conta que nestes 26 concellos vive a maior poboación lindeira con Portugal e, a maiores, é unha rexión moi integrada economicamente. Ademais, os datos epidemiolóxicos eran moi similares a Galicia, marcaban diferenzas mesmo co resto de Portugal".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia