CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Samuel Pousada: "Unha discoteca sen pista de baile é como un zoo sen animais"

03/06/2021 - 09:06 h

A patronal galega do ocio nocturno quéixase dos requisitos para a reapertura de locais que se fixaron onte na comisión interterritorial de Saúde. O presidente de Fesdiga, Samuel Pousada, di que hai demasiadas incertezas e cre que á maioría dos empresarios non lles compensará abrir.

"A apertura ten que ser para sempre, non se pode abrir e ao mínimo de contaxios volvemos pechar", di. "Non se pode quitar a xente dos ERTE nin investir cartos para adaptar os establecementos e volver pechar outra vez".

Nunha entrevista no 'Galicia por diante', Pousada apuntaba que os alugueiros son caros e considera inviables as condicións para as discotecas: "Unha discoteca sen pista de baile é como un zoo sen animais".

O presidente de Fesdiga criticou a falta "dunha folla de ruta" e "a mala xestión dos gobernos", que considera están discriminando o sector: "Parece que o ocio nocturno é o culpable de todos os males, mesmo da pandemia; tamén poderían culpabilizar o ocio nocturno do cambio climático e da destrución da capa de ozono".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia