CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Cristóbal Dobarro, dos Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal: "Hai que buscar unha alternativa a Endesa porque, se non, esta comarca vai quedar orfa"

02/10/2019 - 08:23 h

Os empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal reclaman medidas alternativas para paliar o anunciado peche da central térmica de Endesa. E para conseguilo din que é imprescindible que haxa máis tempo, polo que lle reclama á propia eléctrica e tamén ás administracións públicas que fagan o posible para permitir unha transición suave.

"Primeiro ten que haber un tempo razoable para que se produza este cambio. E, segundo, que se establezan alternativas que poidan ser equivalentes á actividade da central de cara ao futuro".

"Non se a biomasa, se as enerxías alternativas ou outro tipo de iniciativas por parte de Endesa, por parte da administración do Estado ou por parte doutros axentes ou actores son alternativas pero desde logo hai que buscar unha alternativa porque, en caso contrario, toda esta comarca vai quedar orfa. E é unha comarca que xa vén sendo golpeada por decisións gobernamentais nas últimas décadas e desde logo non pode aturar máis esta situación".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia