CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Curso incerto

02/09/2019 - 07:45 h

Non lembro un comezo de curso tan incerto coma o que hoxe empeza. Aquí pode pasar de todo. Pode pasar que Pablo Iglesias ceda, que acepte o Plan Sánchez dun programa conxunto e haxa Goberno este mes sen ministros de Podemos. E pode que dentro de dous meses esteamos outra vez en campaña electoral. E, se hai eleccións, pode que a esquerda teña maioría absoluta ou que adereita se xunte e dea a volta á tortilla e sexa ela a que faga goberno. E pode incluso ocorrer que os independentistas sexan os que decidan despois de tanto predicar que non poden ter oprotagonismo que tiveron no pasado. O curso inaugúrase sensaber a onde imos e todo depende de dúas persoas, que son Sánchez e Iglesias. Os dous din que hai tempo, pero un di que hai tempo para falar de programa e o outro di que hai tempo para acordar unha coalición. É dicir, que estamos igual que hai un mes, pero co calendario apertando a gorxa de todos.

O único que cambiou foron as perspectivas. As escasas enquisas que se fixeron din que iso do corenta por cento que o CIS aventura para o PSOE é moi relativo, e aí tedes a Pablo Casado, que alenta a unión das dereitas e entende que as urnas non lle veñen mal. É dicir, que se pode especular o que se queira, que hai material para a especulación.

O que non aguanta moita máis especulación é o país. Fai catrocentos días de gobernos en funcións, e iso nótase na vida nacional. O financiamento autonómico está como está. Hai sinais de parada económica e fai falta un Goberno que adopte algunha decisión. Acábase a temporada turística e vai aumentar o número de parados, que o emprego xa non ofrece moita vitalidade. Vén a sentenza do procés, e as autoridades catalás preparan unha resposta que nunca será unha resposta cordial. E engadan vostedes o que pase co brexit, que nunca será nada bo, e o conxunto de reformas que hai que acometer, e chegarán comigoá conclusión de que o país non está para moitas especulacións. Ou, como se di por aí, non está para caralladas políticas ou xogos exclusivamente de poder.

Tomemos, polo tanto, o mes de setembro como un mes detransición, de preparación do futuro, pero non hai tempo para máis, benquerido Valiñas.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia