CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Daniel Rodríguez levou a bandeira galega ata Bucarest: "No España-Suíza serei neutral"

02/07/2021 - 10:18 h

A selección española xoga hoxe en San Petersburgo contra Suíza. Os suízos chegaron a cuartos de final da Eurocopa logo de gañar a Francia nun partido que se disputou en Bucarest, e no que puidemos ver unha bandeira galega. 

Daniel Rodríguez é un mozo de Vigo que está de Erasmus na cidade romanesa e, convidado por uns amigos suízos foi ao partido e levou a bandeira galega.

"Foi o mellor gasto que fixen no Erasmus. No España-Suíza serei neutral. Eu son do Celta e da selección galega". 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia