CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Cal será a canción do verán 2021 na CRTVG?

02/06/2021 - 13:19 h

A CRTVG comeza a procura da canción do verán, do tema que será a súa banda sonora durante os vindeiros meses. Así pois, os medios públicos poñen en marcha a partir deste xoves 27 de maio a quinta edición do certame ‘Este verán canta con nós’, que ten como obxectivo apoiar a música en galego e descubrir novos talentos. Premiarase con 1.000 euros un tema inédito e orixinal escrito e cantado en lingua galega.

No 'Galicia por diante' con Kiko Novoa estivo Montse Besada, xefa de Contidos da Televisión de Galicia.

"Cada ano apreciamos máis talento e orixinalidade"

Queres participar? Tes ata o 20 de xuño para mandar a túa proposta a canciondoveran2021@crtvg.es

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia