Galicia por Diante
Borja Tosar explica as consecuencias que tería o impacto dun meteorito na Terra
Tras coñecer a noticia da NASA que anuncia a probabilidade de que un meteorito aterre contra o noso planeta no ano 2135, o astrofísico Borja Tosar estivo no programa analizando as consecuencias. Para iso, explica as probabilidades de que suceda este fenómeno e, tamén, cuantifica a magnitude de catástrofe que suporía para a Terra.