CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Por que o alumnado do instituto de Mos non pode celebrar o Entroido?

01/03/2019 - 10:05 h

A dirección do IES de Mos advirte que hoxe “non se celebrará o Entroido”. Quen vaia disfrazado “será sancionado cunha falta grave debido a que se trata dun desafío á autoridade”. Que opinan deste feito? Abrimos debate no Galicia por diante.

"De entrada, paréceme unha circular moi desafortunada", explica Fernando Lacaci, vicepresidente da Federación Galega de ANPAS.

A dirección do centro declinou facer declaracións e foinos imposible falar coa ANPA do centro. O vicepresidente das ANPAS galegas critica a circular e a falta de explicacións.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia