Galicia por Diante Fin de Semana
Casas sen calefacción e que manteñan a temperatura en Galicia? Existen. Son as casas pasivas
As casas pasivas manteñen a temperatura que queiramos, sen necesidade de instalar un sistema de calefacción.
As Passivhauss non teñen humidades, nin cheiros en baños ou cociñas, e todo iso sen necesidade de abrir ventás. Se queremos tomar o aire, mellor saír fora, porque o sistema de intercambio xa se encarga de todo iso.
A empresa Passivhaus Galicia, dedícase desde hai anos a este tipo de construccións. Alberto Vázquez, xerente da empresa, cre que estas casas pasivas son unha gran opción para aforrar cartos e para contaminar menos.
Unha casa convencional pode reformarse para convertela en casa pasiva, pero require un estudo previo para determinar as posibilidades de actuación.