Galicia por Diante Fin de Semana
Comesaña: "Contamos con ter vacinas para que os estudantes de bacharelato e parte dos da ESO queden vacinados ao longo de setembro"
A quinta onda está preto do pico máximo en Galicia. Cabe esperar, coa prudencia debida, que os datos van mellorar nos próximos días, asegurou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
A variante delta xa se detectara o ano pasado, pero non foi ata agora que se estendeu en Europa. A evolución das distintas variantes fai que o sistema de saúde teña que adaptarse continuamente ás circunstancias.
A variante surafricana está empezando a asomar, está por ver que esta variante sexa neutralizada pola vacinación, e non se trate dunha "variante de escape".
Julio García Comesaña: "Contamos con ter vacinas para que os estudantes de bacharelato e parte dos da ESO queden vacinados ao longo de setembro, con vacina de dobre dose".
Un ensaio clínico que se fai en Compostela estuda a posibilidade de que se poidan vacinar menores de 12 anos con Pfizer. O ensaio rematará e presentará resultados en outubro.
En relación á querela que presentou o colexio médico de Pontevedra contra o Sergas pola sobrecarga de Atención Primaria, o conselleiro anunciou que se manterán contactos a semana que vén para avanzar na mellora da atención primaria; iso si, o titular de Sanidade agarda unha rectificación por parte do colexio médico pontevedrés.