Galicia por Diante Fin de Semana
Manuel Jabois: "Eu non me tomo moi en serio"
O xornalista de Sanxenxo Manuel Jabois falou sobre o seu verán e todos os veráns no Galicia por diante da fin de semana.
Jabois confésalle a Isabel Freire que non se toma a si mesmo moi en serio e regálanos reflexions como as seguintes:
"A inseguridade e o medo forman parte de min e podo convertilos en algo valioso, porque son os que me fan tirar para adiante. Ese chan que se move, que é líquido, é o que me anima a facer as cousas".
"Hai unha frase moi fermosa de Albert Camus, que é moi exacta: 'O sol que reinou sobre a miña infancia privoume de todo resentimento'".