Galicia por Diante Fin de Semana
Francisco Vázquez: "De todos os dirixentes políticos que estamos sufrindo en España, o único que ten sentido común é Feijóo"
Nunha entrevista na Radio Galega, o exalcalde da Coruña, Francisco Vázquez, reclama un acordo de estado entre os partidos constitucionalistas que evite que a investidura dependa das forzas independentistas. Nese sentido, valora a proposta de Alberto Núñez Feijoo a prol dun goberno de concentración e afirma que “de todos os dirixentes políticos que estamos sufrindo en España, o único que ten sentido común e está facendo propostas constructivas é Alberto Núñez Feijoo”.
Vazquez di que o actual PSOE “ten as siglas pero non ten nada que ver” co PSOE de Felipe González e Alfonso Guerra. E di que el pensa que “hai un pacto soterrado xa de hai meses do PSOE con ERC a través do PSC”.