Galicia por Diante Fin de Semana
Dismorfia do selfie: a obsesión por parecerse á foto perfecta
Cada día é máis común empregar filtros nas fotos que compartimos nas nosas redes sociais. O problema vén cando se converte nunha obsesión e tentamos parecernos a esa foto perfecta. É o que se coñece como dismorfia do selfie, a cal afecta maioritariamente aos adolescentes.
Con Mari Carmen Ferreiro, doutora en psicoloxía evolutiva e psicoloxía sanitaria especializada na infancia e adolescencia, abordamos máis de preto esta realidade.