CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

A morte e as desgrazas, base do turismo escuro

30/10/2022 - 10:25 h

Desde sempre o ser humano estivo fascinado pola morte, as desgrazas ou toda clase de desastres. Trátase dunha relación que se move entre o amor e o odio, situacións das que nos tentamos protexer pero que espertan poderosamente a nosa curiosidade.

E son acontecementos que tamén atopan un oco no turismo, no que se chama turismo escuro. Visitar cemiterios, lugares onde aconteceron grandes traxedias, campos de concentración… forman parte dun xeito de turismo en crecemento que agora é obxecto de estudo pola Universidade de Vigo, xunto coa colaboración das principais universidades portuguesas.