CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Manuel Mondelo, produtor de aceite de Quiroga: "Cando se moía, a xente xuntábase alí, era inverno, había lume e era como un fiadeiro, levábase viño e contábanse contos"

30/05/2021 - 10:26 h

Hoxe celébrase no muíño tradicional de Bendilló en Quiroga a Mostra do Aceite. Con este motivo Isabel Freire conversou con este empresario quirogués, un dos pioneiros desta actividade recuperada na Val do Sil.

"O aceite de Quiroga está entre os dez mellores do mundo, a xuÍzo dos autores dun estudo realizado na Universidade de Córdoba", contou Manuel Mondelo.

"O olivo tarda 25 anos en estar a pleno rendemento. Tamén despois dura moito", salientou.

"Temos un selo creado polo Concello de Quiroga, pero necesitamos a Denominación de Orixe, que xa está en trámite, porque hai bastante intrusismo", concluíu.