CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Óscar Torres, responsable de Comunicación da empresa Orballo: "Cultivar té é un exercicio que require de paciencia”

30/05/2021 - 11:04 h

Orballo é unha empresa de Paderne (Coruña) dedicada á plantación industrial de té. Un proceso en que comezaron hai cinco anos e en que contaron coa colaboración do centro fitopatolóxico .

A investigación centrouse arredor da 'camelia sinensis', utilizada para elaborar té, partindo dos gromos e follas que se utilizan no proceso de elaboración.

”Os mellores tés, son os que utilizan o primeiro gromo, e a primeira e segunda folla. Nese eido está o té branco. “A camelia do té cultívase en bancais. É na primavera cando comeza a agromar”, explicou Óscar Torres

Tardaron arredor de cinco anos en ter a primeira produción, xa que é un proceso lento e complexo. No caso de Orballo hai un elemento diferencial: "O noso té ao estar cerca do mar ten características propias, que recorda incluso o sabor das algas".

“Os tés que se ofertan nas tendas de consumo masivo non teñen nada que ver co que ofrecen as tendas especializas", asegurou.

“Os piares dunha boa infusión son: o tempo, a cantidade de produto, e a temperatura, que nunca debe ser excesiva”, salientou.
 
“En Galicia, aínda non temos unha tradición de té tan arraigada como noutros países, pero vai en aumento, porque é a segunda bebida máis consumida do mundo, despois da auga”, concluíu Óscar Torres.