CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Sanidade non descarta que se levanten os peches perimetrais en Santiago e Ourense a próxima semana

29/11/2020 - 08:14 h

Os peches perimetrais das cidades de Santiago e Ourense poderían levantarse este próximo martes á luz das palabras do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que destacou a boa evolución epidemiolóxica. 

Nunha entrevista na Radio Galega, o conselleiro tamén abría a porta a facelo coa cidade de A Coruña, aínda que habería que agardar a finais de semana. 

O comité clínico tamén acordará este martes o Plan de Desescalada. Nel, ademais das dúas velocidades para a Galicia rural e urbana, García Comesaña admite que se baralla a apertura da hostalaría antes de que se permita a mobilidade total.