CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Luis Moya, o copiloto de rallys máis laureado de Galicia, acompañou a Isabel Freire no seu espazo 'De viaxe'

29/05/2021 - 10:26 h

Luis Moya, o copiloto de rallys máis laureado de Galicia, acompañou a Isabel Freire no seu espazo 'De viaxe'. O destino: Nova Zelandia.

"É un país que me marabillou. É moi verde. Éntrache unha sensación de paz, de relaxación moi agradable", sinalou.

"Cómese moi ben aló. A carne é moi boa, sobre todo a de ovella, que teñen moitas", destacou.

E apunta: "No ano 97, Carlos e máis eu tivemos un accidente cunha ovella, desintegrámola, pobre! Non sei que facía alí no medio. Quedamos segundos. Se non fose pola ovella, eu creo que habiamos gañar."