CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Alugar ou mercar, esa é a cuestión

29/01/2023 - 11:05 h

Un debate que agroma cando pensamos en buscar unha vivenda é se alugar ou mercar. Os alugueres non pararon de encarecerse nos últimos anos, cos pisos de turísticos e a falta de oferta como causas. De feito, Asier Barja, xerente da Inmobiliaria Ronda, afirma que en Lugo non lles queda ningún piso para alugar. A outra opción, mercar, tamén presenta inconvenientes, como os tipos de xuros elevados á hora de facer fronte a unha hipoteca ou tamén gastos excepcionais como as posibles derramas. Afondamos nesta cuestión con Carlos Deasa, presidente da Asociación Galega de Inmobiliarias (AGALIN).