CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Os cosméticos nocivos para a nosa pel

29/01/2023 - 09:33 h

Unha investigación da facultade de Química da USC, levada a cabo pola investigadora Laura Rubio, revela que o 70% dos cosméticos de longa duración, tamén coñecidos como cosméticos extremos, non se axustan á lexislación vixente. A investigación descubriu a presenza de ingredientes nocivos neste tipo de cosméticos, desde plastificantes ata conservantes, pasando por determinadas fragancias que poden ser prexudiciais para a nosa pel.