Galicia por Diante Fin de Semana
Empresarios de Ferrolterra: "Tivemos moitas experiencias de plans de desenvolvemento e non dan resultados"
O presidente da Asociación de Empresarios de Ferrolterra, Cristóbal Dobarro, esixe na Radio Galega concreción nos plans alternativos que compromete Endesa ante o peche da súa térmica das Pontes. Nunha entrevista no Galicia por Diante, Dobarro lembrou a dependencia socioeconómica da bisbarra de decisións políticas que durante "décadas" afectaron o sector da "enerxía" e a "construción naval". Por iso, na súa opinión, "temos que reivindicar fondamente que haxa alternativas, e xa digo, alternativas concretas".
Segundo argumentou, "xa tivemos experiencias de plans de desenvolvemento, plans alternativos e eses plans non dan resultados. Ten que haber iniciativas concretas, motrices, estruturais que sexan as que conleven poder retomar a actividade na comarca".