CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Sanidade pechará o Plan de Desescalada este martes e constará de dúas velocidades

28/11/2020 - 09:04 h

O secretario xeral da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, falou dalgúns dos puntos que se estudan incluír no Plan de Desescalada, que o comité clínico pechará este martes e que constará de dúas velocidades. 

Nunha entrevista na Radio Galega, Alberto Fuentes sinalou que o plan será en función de se estamos nunha zona rural ou urbana a partir de dez mil habitantes e de cal sexa a súa evolución epidemiolóxica. Apuntou tamén que podería haber un nivel intermedio de restricións entre o máximo vixente e o dous. 


Un dos sectores máis afectados é o da hostalaría, pechada na súa totalide onde rexen as restricións máis severas. A dupla velocidade tamén podería aplicárselle en materia de cabidas e horarios. Ademais, non se desbota que a flexibilización para a hostalaría chegue antes mesmo que para a mobilidade. 

A idea é que este martes o comité clínico remate o Plan de Desescalada, na véspera, responsables da Xunta e da hostalaría galega xuntaranse pra escoitar propostas duns e doutros que poidan ser tidas en conta.