CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

A Xunta promete sinxeleza e axilidade no trámite das axudas ós sectores afectados pola pandemia

28/11/2020 - 08:46 h

Desde hoxe mesmo xa se poden solicita-las novas axudas da Xunta para microempresas, hostalería e autónomos, que forman parte do plan para rescatar ós colectivos máis damnificados pola pandemia.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou na Radio Galega que as subvencións se cobrarán este mesmo ano e que son compatibles coa primeira liña de axudas habilitadas polo Goberno galego. Prometeu axilidade e sinxeleza na tramitación tal e como pedían os sectores afectados.

Por outra parte, Rueda sinalou que o bono turístico, unha iniciativa da Xunta para fomentar a actividade no sector, verase ampliado ata o ano que vén e tamén acollerá a novos sectores e beneficiarios.

Ademais, o vicepresidente do Goberno galego anunciou que se poderá acceder ó "Seguro coronavirus" unha vez que se entren en vigor os orzamentos para o ano 2021, no mes de xaneiro. Trátase dunha axuda promovida pola Xunta para cubrir os gastos sanitarios, de transporte e aloxamento dun viaxeiro e un acompañante en caso de contaxio.