CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

A Xunta prevé reducir nun 80 por cento as emisións de gases de efecto invernadoiro no ano 2050

28/09/2019 - 08:14 h

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, asegurou esta mañá nunha entrevista na Radio Galega que a vindeira semana o goberno galego presentará a Estratexia galega contra o cambio climático 2050. Asegurou que "Galicia ten como obxectivo reducir estes gases nun 25% no ano 2030 e un 80% no 2050 e deste xeito adiantámonos ao propio Goberno español, que aínda non ten definidas as súas liñas de actuación".

Con todo, a conselleira pide a colaboración cidadá e tamén das administracións locais, lembrando que de momento son 147 os concellos interesados en formar parte do Pacto dos alcaldes polo clima.