CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Black Friday? Non, grazas

27/11/2021 - 11:29 h

Varias tendas de toda Galicia, acaban de sacar un manifesto no que se rexeita a iniciativa do Black Friday. Cren que o Black Friday é unha iniciativa consumista, e que, en certos casos, promove ofertas enganosas.

Dani Rocha, dono da tenda La Revolución de los Graneles, xunto a outras do Grupo ECO, e outras tendas de toda Galicia, promoven un consumo sostible, no que o consumidor leve só o que necesita, e que o produto sexa o que mais se axeita á necesidade do consumidor.

A OCU denunciou esta semana de que moitas das ofertas que se fan no Black Friday son falsas. Semanas antes, soben o prezo do produto e volven baixalo, para o Black Friday, ao mesmo prezo que estaba antes da subida.