CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Ciudadanos resta importancia ás baixas e aposta por duplicar presenza en Galicia

27/10/2019 - 08:24 h

O secretario de organización de Ciudadanos en Galicia califica de "lexítima" e "puntual" a marcha do coordinador da formación laranxa en Vigo, unha baixa que se vén sumar ás rexistradas en lugares como Ourense ou Pontevedra.

Nunha entrevista no Galicia por diante da Radio Galega Laureano Bermejo asegurou tamén que Ciudadanos tivo "un ritmo de crecemento espectacular" nos últimos dous anos. Cre que "de aquí ás autonómicas chegaremos á metade dos concellos de Galicia". Bermejo acusou, ademais, a Pedro Sánchez de "usar con fins electoralistas" os 700 millóns que o seu Goberno lle debe a Galicia, e cualificou de "falta de respecto total e absoluta" que primeiro negase eses fondos e agora autorice entregar parte deles estando ás portas dunhas eleccións.

Nesta entrevista, o dirixente da formación laranxa pediulle, ademais, ao Executivo de Pedro Sánchez maior implicación para garantir o futuro do sector industrial en Galicia e que non teñan que pechar empresas como Endesa ou Alcoa.