CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Dúas rutas para desfrutar Galicia nas vacacións: o Fuciño do Porco no Vicedo (Lugo) e as pasarelas do río Mao, na Ribeira Sacra ourensá

27/06/2021 - 10:25 h

No 'Galicia en goles fin de semana' propoñemos dous plans de auténtico luxo para descubrir a nosa terra: o Fuciño do Porco no Vicedo (Lugo) e as pasarelas do río Mao, na Ribeira Sacra ourensá.

Para iso conversamos con dous protagonistas, o alcalde de Vicedo, Jesús Novo, e un dos encargados dun albergue a carón do río Mao.

Afirma Jesús Novo que "A parte máis espectacular do percorrido é, segundo sobes a primeira escaleira, onde hai un alto e desde aló podes ver a illa Coelleira, a praia de San Román, que é onde estamos potenciando o desembarco viquingo, e a ría de Viveiro coa punta do Roncadoiro, que se ve moi ben nos días claros."

Pola súa banda, Óscar González, un os encargados do albergue turístico A Fábrica da Luz, de onde parte a ruta das pasarelas do río Mao admite que "Este ano tivemos unha primavera exhuberante e agora mesmo están os castiñeiros en flor coa candea... É expectacular!"