CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Antonio Rodríguez Sotillo, xefe da Unidade de Lesionados Medulares do Chuac: "Témolle ao verán. Estou asustado"

27/06/2021 - 11:04 h

O responsable da unidade de lesionados medulares do CHUAC, Antonio Rodríguez Sotillo, toda unha referencia no territorio español, recordou que o ano pasado foi un ano nefasto en relación aos accidentes provocados por tirarse á auga de cabeza, nas praias ou nas piscinas. “A mellor prevención é non facelo. Só con pensar que por tirarte de cabeza á auga podes quedar tetrapléxico, é suficiente: xa fixeches a prevención”
 
Nos anos 90 a situación era terrible, pero grazas ao labor informativo dos medios de comunicación, a situación logrou minimizarse. “Na miña vida profesional, nunca vin unha muller que sufrise unha lesión medular por este motivo: sempre se trata de homes, e cada vez máis novos”
 
Explicou que moitos dos accidentes que teñen lugar no medio rural, son a segunda causa, tras os accidentes de tráfico, de lesións medulares que se producen por caídas o realizar tarefas de mantemento nos domicilios, ou actividades agrícolas nas terras de labranza.

Á hora de informar sobre a gravidade dunha lesión dixo o seguinte: “Non podes ocultar a verdade, pero as palabras non poden converterse nunha metralleta que afunda a persoa lesionada. Aínda me resulta moi duro ter que dar una mala noticia.”