CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Alberte Barros: "Con moita perseveranza, poderías gañar a vida paseando cans"

27/06/2021 - 11:30 h

No 'Galicia por diante da fin de semana' falamos sobre paseadores de cans con Alberte Barros, que leva tres anos dedicándose a este servizo no seu tempo libre. Alberte desvélanos que é unha profesion en auxe no noso país e que encaixa perfectamente en perfís como estudantes ou persoas que precisen un traballo a tempo parcial.

O certo é que cada vez son máis os servizo que xorden arredor dos cans, grazas a unha maior concienciación da xente sobre o benestar animal e o aumento da súa demanda, o que fai que o negocio chegue agora tamén ás aplicacións móbiles.