Galicia por Diante Fin de Semana
A poeta Xela Arias, protagonista na Insua dos Poetas
A poeta Xela Arias é a protagonista do novo evento da Insua dos Poetas, no Carballiño, dentro da programación das Letras Galegas 2021.
A iniciativa ten por nome 'Xela Arias, en liberdade: auga, árbores, palabras…' e mestura a poesía, a música e incluso un espectáculo circense.
O acto foi presentado pola escritora Iolanda Castaño, que desde a admiración pola obra de Xela Arias, falou dunha obra pioneira, que cambiou a poética nos anos 80.
Falamos tamén con Amparo Castaño, nai de Xela, quen lembrou con emoción, como a súa filla foi crecendo como poeta desde a súa nenez, influenciada polo seu pai, que tamén escribía.
Tanto Iolanda Castaño como Amparo Castaño, que non son familiares, pero si grandes amigas, coinciden no feminismo de Xela Arias e a gran defensa que sempre fixo da igualdade.