Galicia por Diante Fin de Semana
Pedro Rascado, membro do comité clínico: "A evolución nas últimas semanas é boa, pero nun contexto de alto nivel de restricións"
Sobre a evolución da pandemia, o doutor Pedro Rascado, membro do comité clínico e coordinador do Plan Nacional de Continxencia das UCI avisou na Radio Galega que calquera paso en falso ten consecuencias.
Rascado non agochou a súa preocupación. Sobre todo se a xente se relaxa de máis e esquece que o virus segue connosco e que tende a expandirse á minima marxe que lle deixemos, explicou.
Preocupación por unha banda, pero tamén recoñece Rascado que a evolución dos datos nestes momentos é positiva. Con todo, reitera o chamamento á prudencia.