CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Galicia necesita máis espazos naturais protexidos

26/12/2021 - 11:50 h

A rede natura ocupa só o 12 % do territorio galego, unha porcentaxe pequena se a comparamos coa media estatal, que é aproximadamente do 27% - dato recollido do informe do Consello da Cultura Galega.

O enxeñeiro forestal e divulgador ambiental, Gaspar Bernárdez, falou no Galicia por Diante Fin de Semana, dos monumentos naturais, formados por árbores e zonas boscosas, que temos na nosa terra.

O Souto de Rozavales en Manzaneda; a fraga de Catasós, ás aforas de Lalín; o souto da Retorta en Viveiro, coas árbores máis altas de Galicia e a Carballa da Rocha en Galicia, foron algúns dos monumentos naturais destacados por Gaspar Bernárdez.