Galicia por Diante Fin de Semana
O corazón? Ben, gracias, sempre que nos coidemos
Tanto as arritmias como a fibrilación auricular, son dous casos especialmente preocupantes en pacientes de máis de 65 anos, xa que se non se atenden como é debido, poden desembocar nunha embolia cerebral, a que habitualmente chamamos, ictus.
O problema da formación de coágulos, é que saen do corazón pola aorta, e trasládanse ata o rego sanguíneo do cerebro, razón pola que é absolutamente actuar con prontitude, e administrar anticoagulantes que imposibiliten a formación de trombos.
O Xefe do Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario de Santiago, Xosé Ramón González Juanatey, en referencia á sexta onda de COVID-19, alerta de que no mes de xaneiro do ano pasado houbo moitos positivos, circunstancia que se pode repetir agora.