CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Seguindo os pasos do xornalista Luis Menéndez pola Terra Santa

26/12/2021 - 10:25 h

Xerusalén é unha encrucillada de cultos culturas. Alí atopamos o sepulcro do Rei David, lugar sagrado para xudeus, cristiáns e musulmáns. Non lonxe de alí, atopamos o Cenáculo de Xerusalén, onde se celebrou a última cea de Xesús cos seus discípulos.

Hai unha zona de Xerusalén, a do muro das lamentacións, na que tamén se ergue unha mesquita Árabe, da que se di que nese lugar, Mahoma subiu ao ceo montando nun cabalo.

O xornalista Luis Menéndez, describe dous Xerusaléns distintos, o novo, moderno e cosmopolita, no que se semella máis a calquera outra cidade destas características, e o Xerusalén da zona histórica, que é como viaxar no tempo e revivir a historia do mundo.