Galicia por Diante Fin de Semana
O automóbil eléctrico é o futuro.
Ata o ano 2030, ano no que desaparecerán os motores de combustión do
noso parque móbil, os coches eléctricos irán asentándose mentres as
marcas desenvolven unha tecnoloxía que eleve a autonomía das actuais
baterías.
Camiñamos cara a un tipo de coches que terán a seguridade activa e
pasiva, moi presente. Serán automóbiles moito máis tecnificados ca os
actuais, con moita máis autonomía.
O Director de Procesos e Materiais do Centro Tecnolóxico de Automoción
de Galicia, Antonio Mateos, opina que haberá que resolver o problema da
carga de baterías en edificios, porque a rede eléctrica actual non
resiste a carga de todos os coches á vez.