Galicia por Diante Fin de Semana
Os segredos do filme 'Casablanca' saen á luz no seu 80º aniversario
'Casablanca' cumpre hoxe 80 anos, manténdose tan viva como o día da súa estrea. Con Ángel Luis Hueso, catedrático de Historia do Cine da USC, analizamos os segredos dun filme que pervive como unha das pezas emblemáticas da gran pantalla. Para o catedrático a clave do éxito reside no equilibrio entre todas as partes que compoñen a película, cunha lembranza especial de Humphrey Bogart e Ingrid Bergman.