Galicia por Diante Fin de Semana
Xabier Senín, profesor e tradutor: "O galego está nunha situación difícil. Non é dramática, pero pode chegar a selo. Iso de que un neno na casa fala galego e logo chega á escola e ao cabo de cinco meses xa fala castelán e esqueceu o galego é certo"
Celébrase hoxe o Día Europeo das Linguas, e no 'Galicia por diante de fin de semana' quixemos celebralo con Xabier Senín, que o ano pasado recibiu o Premio Nacional por toda a súa obra de tradución ao galego.