CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

O Sergas prevé activar o novo protocolo de ocio nocturno a fin de semana que vén

26/09/2021 - 08:07 h

Esta mañá no 'Galicia por diante', o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, adiantaba que a vindeira semana podería entrar en vigor un novo protocolo para o sector do lecer nocturno. Mañá luns reunirase co sector e a proposta será estudada o martes polo comité clínico.

O conselleiro tamén adiantou que a partir da vindeira fin de semana poderían ampliarse os límites de ocupación ata o 75-80% nos espectáculos e os eventos deportivos de masas.   

A consellería estuda tamén poñerlles a terceira dose aos maiores de 80 anos. En todo caso cómpre superar unha serie de trámites. De se aprobar esta terceira dose, a Xunta quere facela coincidir coa campaña de vacinación contra a gripe.