CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Uxía: "Gústame amadriñar e sentir que o meu traballo serve de guía e luz a distintas xeracións"

26/06/2021 - 11:04 h

A cantautora de Mos, Uxía, contounos pouco antes de participar no encontro Xacobeo Peregrina, en Padrón, que ela non fixo o Camiño de Santiago no plano físico, pero si o transitou moitas veces no plano musical. De feito, está traballando nun proxecto que pretende reunir algunhas músicas arredor do Camiño, como xa fixera anos atrás en 'Cantigas do Camiño'.

Avanzou que o seu novo traballo con Javier Ruibal, 'De tu casa a la mía' é un diálogo musical entre Rosalía e Lorca co que soñaba hai tempo, pero non verá a luz ata despois do verán.

"Lorca quedou totalmente fascinado pola figura de Rosalía". Outro dos proxectos en que Uxía está embarcada é 'Enredadas': alalás e coplas  para unha proposta colectiva, en que participa xunto con Martirio, Carmen París e Ugía Pedreira.

"Temos unha filosofía de vida, un oficio singular e moita complicidade”

No mes de setembro celebrarase en Santiago unha nova edición de Cantos na Maré, do que Uxía é directora artística. "Un encontro aberto á diversidade, unha oportunidade para compartir música con talentos consagrados e outros para descubrir.”

A propósito do confinamento que a levou a vivir cos seus pais dixo: "Durante eses meses, redescubrín os camiños da infancia. Estiven cos meus pais como se fose unha nena pequena”