CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

A síndrome da cara baleira entra en escena: ir sen máscara ou ver xente sen máscara pola rúa pode crear estrés e ansiedade

26/06/2021 - 11:31 h

Desde a medianoite pasada temos a posibilidade de permanecer sen máscara ao aire libre. Hai quen quitará a máscara todo o que lle permita o protocolo e hai quen preferirá ter máis precaución, pese a todo.

A síndrome da cara baleira pode xerar síntomas como estrés ou ansiedade, momento en que se debería consultar un profesional para poder contrarrestar ese estado psicolóxico.

O psicólogo sanitario e director de centro Harmonía de Terápia Integral, do Carballiño, José Manuel Fariñas Darriba, sinala que se necesita tempo para reaxustar os hábitos que desenvolvemos cos protocolos de seguridade.

A rapazada é a que mellor asimila os cambios. Fixérono cando comezou a pandemia e seguro que o farán coa nova normalidade.