CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Alicia Felpeto, vulcanóloga: "O contraste térmico da lava coa auga do mar pode producir a emisión de gases que están disoltos na propia lava"

25/09/2021 - 08:11 h

Nunha entrevista no Galicia por Diante a vulcanóloga Alicia Felpeto falaba sobre a situación na Palma en relación ao volcán Cumbre Vieja. 


A experta mantén que o esperable é que a actividade explosiva vaia diminuíndo pouco a pouco e que, aínda que o marco de referencia se sitúa entre os 24 e os 84 días, pode variar.
Felpeto explica que, de chegar á lava ao mar poderían suceder tres cousas debido ó contraste térmico: explosións, que se produzan nubes brancas trala evaporación da auga do mar ou a emisión de gases á atmosfera.


No referido á chuvia ácida, todo apunta a que non haberá risco, posto que a concentración de dióxido de sofre detectada no aire é moi baixa.