Galicia por Diante Fin de Semana
Miguel Tellado sobre Feijóo: "Non é que o necesite o PPdeG. É que o necesita Galicia"
Nunha entrevista na Radio Galega, o secretario xeral do PPdeG avanza que abrirán no primeiro trimestre de 2020 o proceso de elección do seu candidato para as autonómicas, anima a Núñez Feijoo a presentarse e confima que non baralla un adianto electoral.
Tellado ofrece diálogo co PP se Pedro Sánchez racha o acordo con Podemos e asegura que esa coalición "nin sequera os socialistas aspiran a que dure moito máis duns cantos meses". O número dous dos populares galegos critica, ademais, a politización da loita contra a violencia machista "pola extrema dereita e a extrema esquerda" e advirte que se equivocan, "uns por querer patrimonializala e outros por querer convertela nun elemento de conflito".