Galicia por Diante Fin de Semana
Mario Crecente, arquitecto e vicepresidente do comité científico da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais: "Moitas cidades, como Mondariz Balneario, naceron para curar a xente"
Mario Crecente é arquitecto e vicepresidente do comité científico da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais. Acaba de chegar de Wiesbaden (Alemaña), onde se celebrou o Día Europeo do Patrimonio Termal.
"Moitas destas cidades naceron para ser unha 'paisaxe' que curase a xente, como foi o caso de Mondariz Balneario, que se segregou do Mondariz orixinal para crear un espazo de saúde, un espazo de benestar e de acollida que tivo un éxito enorme".